Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

Misión, valores e principios da nosa Asociación:

A Asociación Penitenciaria Concepción Arenal de Lugo é un colectivo que loita pola reinserción social de persoas que teñen cumprido penas de cadea. Os seus fins sons os seguintes :

  • Estudiar a problemática penitenciaria.
  • Promover actividades que teñan como fin o estudio da delincuencia e a reinserción de ex-internos.
  • Colaborar cos Organismos competentes no tratamento e a asistencia ós liberados condicionais e definitivos.
  • Organizar conferencias, xornadas de traballo, seminarios, etc., que teñan como tema a prevención do delito, os factores antisociais, a drogadicción, a rehabilitación e reinserción social dos marxinados, etc.
  • Lograr a insercións social dos liberados e o seu entorno.

A Asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico. A Asociación Penitenciaria Concepción Arenal nace en 1989 desde a Comisión Provincial de Asistencia Social, formada por representantes do Ministerio de Xustiza, Xunta de Galicia, Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Colexio de Avogados, Colexio de Traballadores Sociais, INEM, Institucións Penitenciarias...

A Alcaldesa defende a reinserción na inauguración das XXIII Xornadas Penitenciarias, "cita imprescindible na reflexión social"

A Alcaldesa defende a reinserción na inauguración das XXIII Xornadas Penitenciarias, "cita imprescindible na reflexión social"