Cómo Colaborar

A Asociación Penitenciaria Concepción Arenal de Lugo é un colectivo que loita pola reinserción social de persoas que teñen cumprido penas de cadea ou atópanse cumprindo medias penais alternativas. Entre as súas actividades, destacan as Xornadas Penitenciarias Lucenses (que no ano 2016 cumprirán a súa 30ª edición), o proxecto de intervención social "Un Paso Máis", as Redes Penitenciarias ou o proxecto RIL LUGO (ReInserción Laboral Lugo).

Para todo isto, contamos con persoal voluntario (membros da xunta directiva) e contratado a tempo parcial (auxiliar administrativo, traballadora social e criminóloga). E para seguir adiante con todos estes proxectos, necesitamos a colaboración de todos aqueles que queiran facer a súa aportación á nosa Asociación. A todos os colaboradores, a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal ofrécelles:

  • Colaboración coas empresas / compañías, autónomos, profesionais liberais y particulares.
  • Publicidade na web da Asociación, como se pode ver nela os diferentes colaboradores publicitados en dita web (entidades e empresas).
  • Responsabilidade social empresarial.

Para máis información, ofrécese entrevista (contactar coa Asociación).

Poden facer as súas achegas na conta bancaria de La Caixa Bank ES79 2100 2183 5002 0022 7378.