PRESENTACIÓN

A Asociación Penitenciaria Concepción Arenal de Lugo é un colectivo que loita pola reinserción social de persoas que teñen cumprido penas de cadea. Os seus fins sons os seguintes:

  • Estudiar a problemática penitenciaria.
  • Promover actividades que teñan como fin o estudio da delincuencia e a reinserción de ex-internos.
  • Colaborar cos Organismos competentes no tratamento e a asistencia ós liberados condicionais e definitivos.
  • Organizar conferencias, xornadas de traballo, seminarios, etc., que teñan como tema a prevención do delito, os factores antisociais, a drogadicción, a rehabilitación e reinserción social dos marxinados, etc.
  • Lograr a insercións social dos liberados e o seu entorno.

A Asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico.

A Asociación Penitenciaria Concepción Arenal nace en 1989 desde a Comisión Provincial de Asistencia Social, formada por representantes do Ministerio de Xustiza, Xunta de Galicia, Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Colexio de Avogados, Colexio de Traballadores Sociais, INEM, Institucións Penitenciarias...

Dita comisión é dependente da Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias, de acordo co artigo 75.2 da Lei Orgánica 1/1979 de 26 de Setembro, Xeral Penitenciaria, co obxecto de acadar a colaboración de xeito permanente para o estudo da problemática penitenciaria, e, en especial, para o tratamento dos excarcerados/as existentes nos Establecementos Penitenciarios da nosa provincia.