Atención Integral a Mulleres Afectadas por Procesos Xudiciais

  Dende hai anos, a Asociación Penitenciaria concepción Arenal traballa para facer fronte dun xeito integral a problemática xudicial, persoal, social, psicolóxica e educativa de persoas envoltas en procesos xurídicos e penitenciarios.

  Este programa está baseado no concepto de identidade de xénero, xa que crenzas irracionais aprendidas acerca de como debe comportarse unha muller, repercuten no penjsamento que ten sobre si mesma e na valoración de todo o que fai, ademáis de xerar unha carga adicional de ansiedade á hora de enfrontarse a situacións da vida diaria ou ao relacionarse con outras persoas.

  A intervención no campo da identidade feminina desenvolverase, de xeito pragmático, dentro das diferentes actuacións que compoñen este programa, co fin de favorecer a mellora da saúde psicolóxica e da funcionalidade social das usuarias.

  • BENEFICIARIAS:

  Este programa está deseñado para atender de xeito integral as necesidades de todas aquelas mulleres que, directa ou indirectamente, están a pasar ou teñen pasado por un proceso xudicial ou dun cumprimento de pena privativa de liberdade.

  • Mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
  • Reclusas.
  • Exreclusas.
  • Mulleres que se atopen inmersas en procesos xudiciais.
  • Mulleres sobre as que recae a responsabilidade de das atención e apoio a familiares que están ou teñen estado condenados a penas privativas de liberdade.
  • OBXECTIVOS:
    • Satisfacer as inquedanzas ou dúbidas que as usuarias poidan ter acerca do proceso xurídico ou penal no que directa ou indirectamente se atopan inmersas.
    • Ofrecer asesoramento sobre os recursos persoais e sociais ós que puidesen acceder, así como informar dos organismos e servizos facilitadores.
    • Promover unha boa saude psicolóxica baseada na formación dunha axeitada autoestima.
    • Desenvolvemento da individualidade e a autonomía a través do cuestionamento e análise dos condicionamentos de xénero.
    • Dotar ás usuarias das habilidades necesarias para unha boa funcionalidade social.
    • Lograr a reinserción laboral das usuarias que estean en situación de busca de emprego.
  • ÁREAS DE ACTUACIÓN:
    • Servizo de orientación e información de recursos sociais.
    • Servizo de atención psicolóxica.
    • Servizo de asesoramento xurídico.
    • Servizo de mediación familiar.
    • Entrenamento en habilidades persoais e sociais.
    • Servizo de orientación laboral.

 

PROXECTO SUBVENCIONADO POR: