A Alcaldesa, nas Xornadas Penitenciarias: “reeducación si, pero invistamos máis en educación e evitaremos miles de dramas”
Mar, 09/26/2017 - 00:00
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este martes no Vello Cárcere as XXXI Xornadas Penitenciarias Lucenses, organizadas pola asociación Concepción Arenal e centradas esta ano na educación nos cárceres. A rexedora avogou por “facer énfase na pedagoxía e a educación social como complemento da condena das persoas presas e a súa vida posterior”.